Escola de boxeo
Azteca Box
A Escola de Boxeo Azteca Box é un ximnasio da Coruña onde o boxeo, nas súas distintas modalidades (clásico, sen contacto, feminino e infantil), é o verdadeiro protagonista.
O noso traballo vai moito máis alá do adestramento físico. Esfórzamonos para que quen adestra connosco faga seus os valores fundamentais deste deporte: a humildade, a nobreza, a constancia e o traballo en equipo. Grazas a esta filosofía, contamos cun ambiente excepcional e acolledor, no que ten cabida calquera persoa, sen importar a súa idade ou experiencia.
Contamos con instalaciós amplas e completas (sacos, zonas de uppercut, ring…) e cun espazo deseñado para os exercicios en parella, o que permite ofrecer adestramentos dinámicos, amenos e moi motivadores.

Boxeo clásico

O boxeo entendido non só como lecer, senón tamén como preparación física e mental, incluíndo adestramento específico para a competición.
Boxeo sen contacto

Unha actividade pensada sobre todo para gozar do deporte, con exercicios como o traballo de saco, a corda e a práctica en parella.
Boxeo infantil

Modalidade deportiva na que contribuímos ao desenvolvemento das calidades físicas dos máis pequenos, así como á súa coordinación, autocontrol e disciplina. Trátase duns adestramentos sen golpes nos que se buscan as nocións básicas do boxeo.
Boxeo feminino

No noso ximnasio non hai diferenzas de sexo á hora de adestrar. Esta modalidade mellora a saúde cardiovascular e a resistencia, ao tempo que tonifica a musculatura e axuda a gañar confianza e seguridade.
